O portavoz do Partido Popular de Camariñas explicou que o seu grupo votou en contra da proposta de suba da taxa dos sumidoiros “porque non estamos de acordo en subir impostos aos veciños e incluso pensamos que nesta época tan complicada para a xente de Camariñas deberían de baixarse”.
Catro dedicacións exclusivas en Camariñas
“Pensaron en subir unha taxa coa excusa de equilibrar as contas, pero tamén poderían facelo baixando os seus soldos” indicou Aufiero, que volveu a pedir unha reducción das dedicacións exclusivas “xa que temos catro, o concello da zona que máis ten, que nos custan uns 110.000 euros ao ano”.
Engaden desde o PP de Camariñas :”Para o Partido Popular a solución non pasa por subir impostos, se non por facer un bo uso dos cartos. Pero lamentablemente este goberno segue o modelo PSOE-Podemos e non están por baixar impostos.Por este motivo votamos en contra desta suba que vemos como un claro síntoma de que este goberno non pensa nos veciños”.
“Son momentos duros nos que nos fixamos nos detalles, e ver cómo dende o PSOE de Camariñas fan que os seus veciños paguen mais impostos nestes momentos, nunca poderemos estar a favor” conclúe Mauro Aufiero.