13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Carballido completa a ruptura cos concelleiros discrepantes

Era algo esperado, despois de todo o sucedido en Ponteceso, coa renovación da xunta de goberno e o pulso político e xudicial existente.

Lois García Carballido cesou das súas áreas aos edís Miguel Ángel González, Ana Pérez e Salvador Eiroa  Ameijenda. Este último falaba  este venres en Radio Xallas. Tamén en Adiante Galicia, Ana Pérez Imia publicaba un artigo.

E os concelleiros discrepantes emitiron o seguinte comunicado:

No día de hoxe, Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados nas súas áreas.Ós tres concelleiros foilles notificado o seu cese mediante notificación telemática alegando a falta de confianza como un dos motivos para tal cese, o mismiño que cando cesou o compañeiro Faustino para de alí a uns dias decir «típicos desencontros» no seo dun executivo (la voz de galicia 24/06/2020) tales actitudes falan por si soas… 

Donde digo digo digo Diego e continuamos como si nada, outro punto importante é a peticion da dimision,  o que non ten en conta Lois Carballido é que unha das concelleiras coas que conta dentro do seu grupo tamén lle pediu a dimisión por escrito xunto cos demais compañeiros. Será que tamen con ela foi un «típico desencontro»…

En fin Sr Carballido os concelleiros cesados seguimos coordinando e traballando nas nosas áreas ata o momento da notificacion do cese, a pesar da mala relacion que había, porque os veciños non merecen pagar a sua falla de criterio, pero dende logo moito en Ponteceso e o seus habitantes non pensa, cando segue no cargo con so dous apoios no pleno de 13…se cadra ten que reflexionar mais, e querer de verdade o ben da nosa pequena Ponteceso.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos