Salvador Eiroa lanzou varias mensaxes ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido.
Primeiro sen nomealo:
“Que publique o vídeo enteiro e a xente que valore, que non sexa cobarde”.
E despois xa de xeito directo:
“Dígolle ao señor Lois Carballido. Eu saco a miña querella sempre que admita que manipulou o vídeo e que o gravou él”
Nunha entrevista a Xosé Manuel Lema no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, “Salva” lamentou a actitude do PSOE:”O PSOE só escoitou unha versión, só se basean no que diga o alcalde”.
Escoita a entrevista(Desde o minuto33 )
Salvador Eiroa afirma que os problemas xa veñen de atrás:“Gañamos as elecciósn e ao día seguinte xa non nós facía caso”.
Pero no fondo tiña confianza no alcalde:”“Eu víao como un bo xestor para o concello, non como líder, pero é un bo xestor para él mesmo”.Agora asegura que desconfiaría se tivera que reunirse con Carballido porque “non lle importou que houbera cámaras no concello”.
Outro punto de fricción son determinadas decisións do mandatario:“Vin que había productividades para unha soa persoa e dixen para.Por que non llas dan aos chavales do GES ou de Protección Civil, xente que deu a cara na pandemia”.
Sobre o futuro, indica que non se está falando dunha moción de censura é o que se pretende agora mesmo xunto cos seus compañeiros (ver carta de Ana Pérez Imia) é “Defendernos dos ataques e mirar polo pobo” .