2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Ana Pérez:»Ponteceso non merece a un dictador como alcalde»

//Ana Pérez Imia//(Concelleira Ponteceso)

Xa hai 10 dias que Ponteceso comezou a ser o centro de atención no tema político comarcal e seguimos sen aclarar ningún punto. A situación dentro do goberno é clara, Lois Carballido conta con 3 apoios de 13 dentro do pleno e segue optando polo silencio en lugar de aclarar os feitos ou de retirarse a docencia exclusivamente.

Por parte do Partido Socialista a situación non mellora, optan por estar caladiños e mirar para outro lado, anuncian públicamente que se nos abrirá expediente aos protagonistas dos vídeos pero oficialmente ainda non nos consta ningunha notificación. O tema de Ponteceso non vai con eles porque, como ben nos dixo o Presidente do Comité Provincial  no seu día, «Ponteceso es una casa de …»e logo colgounos o teléfono, ata hoxe. Está claro que o que lle importa é o señor Carballido e os díscolos, entre os que me inclúo, non somos máis ca unha tormenta que pasará como pasou o Hortensia no seu día. Despois de todos os episodios nos cales o protagonista usa uns métodos de goberno cuestionables e dictatoriais(agora con nós, na anterior lexislatura , cos empregados do Concello no seu momento e coa executiva local que deixou patas para arriba) siguen permitíndolle e apoiándolle todo coma se fora un deus e o socialismo na zona dependese solo del. Pero se pensan en volver a repetir o resultado mostrando ese apoio aos veciños permítame dicirlles que Ponteceso non merece a un dictador como alcalde e espero que non sigamos sendo víctimas del. 

Táchenme de interesada, agora xa case estou aprendendo a ser coma os políticos, coa única diferencia de que eu non antepuxen ningún interés persoal aos intereses do podo, traballei o que vai de lexislatura de forma altruista coma se de unha ONG se tratase mentres Carballido embolsaba 4000€ mensuais e coma min ,os meus compañeiros de vídeo.Apoiamos a baixada de soldo porque era desmesurada e certo é, que nos a aprobamos no seu momento, sendo víctimas de como as gasta este personaje. 

Invádeme a duda na estratexia que sigue, cando ainda nos mantén no grupo de goberno, con áreas asignadas , a uns chantaxistas e extorsionadores, sen denunciar tales feitos nun xulgado.Recordo moitas reunións para intentar endereitar o tren, moitas mensaxes sen resposta pedindolle explicacions pero vostede é o Alcalde e para nada ten pensado cambiar. Nunhas declaracions comentaba que foi un erro levarnos la lista, totalmente, para vostede e para nós, pero xa que iso pasou,a miña intención é seguir apoiando o mellor para os veciños , ser a súa voz nos plenos, aprobar e propoñer o desarrollo e unha boa calidade de vida no municipio e opoñerme a calidade de uns poucos freando os procedementos turbios que este señor presente.

Como din os compañeiros, agora hai q aguantar e pelexar así que, non queda outra.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos