5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Amancio Lavandeira:”O goberno bipartito de Coristanco está a expensas do que propón a oposición”

O portavoz de Terra Galega no concello de Coristanco, Amancio Lavandeira, xustificou a iniciativa de presentar unha moción coas obras do POS 2021, entre Tega, PSOE, BNG e AVLC porque “queremos o mellor para os veciños” e pola “inacción” do alcalde Juan Carlos García Pose, que “non  iniciou ningún tipo de acercamento nin xuntanza con ningún voceiro da oposicion” para o devandito plan.

A moción foi respaldada polo PP e por Contigo Somos Democracia. Lavandeira sitúa a Abraham Gerpe como parte do goberno: “O goberno bipartito do PP e Abraham Gerpe están a expensas do que propón a oposición. Estamos marcando as liñas de traballo do concello”.

Entrevista a Amancio Lavandeira- Desde minuto 18

Sobre a valoración positiva que fai o alcalde do que leva de xestión, Lavandeira precisou que “grazas a gran labor que fixemos, deixamos un concello saneado. Este alcalde recibiu un concello con superavit, con diñeiro e con preto de tres millóns de euros en obras que xa estaban deseñadas”.

O líder de Terra Galega ten claro que o goberno de Coristanco “está vivindo de rentas, da herdanza que se lle deixou”. Calificou de “éxito” que a oposición apostara polas obras seleccionadas, que son as seguintes:

1.- Proxecto de humanización da travesía de San Roque: PLan de humanización desde a rotonda de Carrefour ata a rotonda de Sta Comba, coa colocación de bancos, xardineiras, pepeleiras, arbolado decorativo (prunus, acer, ginkgo ..), paso de peóns máis seguros, sinalización, axardinado das rotondas e zonas verdes, etc.

2.- Pavimentación con aglomerado en quente e aceras e pluviais na zona de Feira Nova: pavimentación desde a C-552 ata a DP-2901, pasando por diante da escola Fonteboa, a unitaria da Feira Nova, e o ramal ata Pontepequena. Colocación de aceras e ampliación do firme do ramal que pasa por diante da escola unitaria e Fonteboa.

3.- Aceras e pluviais na Rabadeira: Construcción de aceras desde a pista que vai a Nogueira ate a derradeira casa da Rabadeira en sentido Sta Comba. ditas aceras serán por ámolos dous laterais, coa colocación de puntos de luz en todo o trazado.

4.- Senda peonil Rabadeira a Seavia: 1º tramo da senda peonil da Rabadeira a Seavia.

5. – Aceras do Pinariño ata a igrexa de Xaviña: Pluviais e aceras desde o final das aceras da Lagoa ata a igrexa de Xaviña.
6.- Aceras desde a rotonda de Carrefour ata Oca. Construcción de aceras e pluviais desde a rotonda da C-552 á altura de Carrefour ata Oca, cos correspondentes puntos de luz.

7.- Aceras desde a zona da Torre en Silván Ata o lugar de A Braña., por ambos laterais.

8. – Ampliación e adecentamento e pavimentación con aglomerado en quente da carretera que vai desde a DP-2901, ate a área recreativa da Rocheira.

9. – Adecentamento do camiño desde Vilaverde a Pontedona

10. – Mellora da captación auga de Rabadeira e Nogueira, e a auga de Valenza

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos