Nota que nos remiten os concelleiros críticos co alcalde de Ponteceso
O dia 28 de outubro aparece unha publicación na Voz de Galicia redactada por Toni Longueira onde o titular di «El PSOE abre expediente a los tres concejales que reclaman dinero al alcalde de Ponteceso», esto foi a raíz da publicación, polo mesmo medio de comunicación por certo, duns vídeos manipulados mostrando unha conversa privada nunha dependencia pública (despacho de Alcaldía) onde se nos acusa de chantaxear ao Alcalde, tal acusación e para danar a nosa imaxe públicamente dándolle difusión e publicidade, infraccions recollidas nos estatutos do partido e polo que está formulada a petición de incoación de expedientes disciplinarios contra Don Xosé Lois García Carballido, claro está que o señor Carballido ostenta o cargo de Alcalde e eso parece significar que todo vale.
…porque quizáis ante a gravidade do asunto e das acusacións, un despacho público polo que pasan traballadoras e traballadores, veciños e veciñas, o partido buscaría saber quen pon as cámaras a gravar nas dependencias municipais e quen pasa eses vídeos a este xornal…quizais un partido con máis de 140 anos de historia no que creíamos atopar valores como transparencia, igualdade e respeto…
Debería cando menos saber a nosa versión…pois miren a lo menos sexan xustos e respeten as siglas non miren a outro lado e actúen como se espera, sexa quen sexa o que non respete os principios éticos deste partido ou senon flaco favor se farán a si mesmos e os moitos afiliados e representantes públicos que si apostan por unha sociedade libre, xusta, solidaria e en paz q loita polo progreso.