3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

Críticas ao alcalde de Ponteceso desde Protección Civil pola precariedade na que queda o servizo polas súas decisións

Membros da actual directiva de Protección Civil de Ponteceso, encabezada polo seu presidente Modesto Parga, denuncian “a precariedade total actual da Agrupación ó serlle retirados polo Alcalde os vehículos destinados ás emerxencias e demáis servicios”.

Lembran que a agrupación “realizou máis de 5000 horas de servizo ós veciños no último ano” ante problemas como o da crise da auga de Corme ou durante o confinamento pola COVID 19, con distintos servizos e “arriesgando en puntos e viviendas que estaban a sufrir o maldito virus ,repartíndolle comida, farmacia , e todo aquelo que precisaron”.

Sobre o voluntario Lois García Carballido

Un esforzo dos voluntarios que valora Modesto Parga. Aínda que o agradecemento non é para todos:”Non podo dicir o mesmo do voluntario Lois Carballido , por que no primeiro operativo do Covid 19 ,acordado na xuntanza do Gabinete de Crisis el e máis a voluntaria Noelia Varela , non se presentaron a facer o servizo ,demostrando que nada lle importaba a salud dos vecinos,solo se escondían detrás da pantalla do ordenador con mascarilla , pero si buscando a foto para o día siguiente”.

Pensa que a “drástica medida” de retirar os vehículos “imposibilita a labor prestada pola Agrupación ós veciños” que “máis que nunca precisan nestes momentos de repunte da pandemia”.

Ademais opina que a decisión de García Carballido é porque na directiva de Protección Civil hai concelleiros críticos coa súa xestión polo que está “extendendo ó problema no Concello directamente ós veciños”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos