O pleno de Santa Comba aprobou por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía(PACES). A concelleira socialista Cristina Fajín lamentou a falta un informe económico para apoiar as distintas medidas recollidas no PACES.
Pola súa parte desde o PP lembraron que a iniciativa xa se iniciara na anterior lexislatura. María Pose pediu ao alcalde unha explicación detallada do plan. Barbeira procedeu á lectura das distintas medidas. Segundo o alcalde hai distintas medidas, algunhas delas que xa están feitas. O concello pretende reducir as emisión de C02 nun 40%.
Transferencia de crédito e Festivos Locais
Tamén deu luz verde a unha transferencia de crédito para as subvencións nominativas 2020. María Pose incidiu na falta dusn orzamentos aprobados.
Ademais escolléronse as festivos locais, que serán o 29 e 30 de xuño(San Pedro e San Antonio). David Barbeira explicou que se recollera a proposta trasladada desde a asociación de empresarios.