A portavoz do Partido Popular no concello de Muxía, Sandra Vilela, denuncia deficiencias en varias actuacións, que se están levando a cabo no concello.
Segundo Vilela “é o caso de obras como a dos camiños interiores de Fumiñeo e Touriñán que xa coas choivas que estamos tendo están producindo problemas xa que a auga non está canalizada como debería”.Os populares critican que o goberno local non escoitou as advertencias feitas polos veciños e polo propio partido.
«Semanas esperando a que o alcalde se persone»
Aseguran que «xa no momento no que se estaban executando estas obras se advertio tanto pola nosa parte como dos propios veciños e unha vez finalizada e co inicio das choivas algúns deles, que xa o están sofrindo, levan semanas esperando a que o alcalde se persone para ver a problemática tal e como lles prometío».
Recriminan tamén un problema de organización como o que se percibe en Moreira “no que unha pequena reforma nos camiños interiores fai que os veciños leven casi un mes sin poder mover os seus coches dos garaxes e o bus escolar non poida acudir ó sitio co perxuicio que esto xenera ós veciños desta aldea”.
TOURIÑÁN