6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

VERGONZA !!

Marco Varela// Si, VERGONZA, é o que sinto nestes días despois de visto ata que punto se pode chegar sen importar a quen fundas, da maneira que o fundas, e menos sen valorar as consecuencias. Con esto non quero dicir que me poña a defender a nadie senón que é increible ver como está a situación no noso Concello despois de catro anos nos que un tripartito (siii un tripartito) foi capaz de levar adiante toda unha lexistatura sacando o Concello de unha situación moi difícil e con todos os atrancos que tivemos que ir sorteando e que veña agora un grupo con esta maioria e non sexa capaz de aguantar o primeiro ano.

Pero volvendo o mesmo quero dicirlle o Sr. Alcalde, o grupo Socialista (provincial ou quen lle corresponda) que estas non son maneiras de facer as cousas, porque o único o que nos levan é a unha paralización do Concello por trifulcas persoais do Sr. Alcalde cos seus compañeiros de partido, eses que lle axudaron a acadar unha maioria aplastante e que parece que só os quería para esa función. Vainos levar a unha situación insostible, na que claro.. ¿Cómo vai sacar presupostos adiante? ¿plenos? ¿obras?… digame señor Lois esto é o que quere para o noso Concello??  Porque se é así de verdad que cada día estou  mais arrepentido de darlle o meu voto aquel 2015.

Vergonza estar todos os días nos xornais, redes sociais, boca a boca en toda comarca, en toda provincia e xa ata nivel nacional por estas falsedades con tal de conservar “o sillón”. Non vale todo señor Carballido, non vale todo…como vostede mesmo dixo na prensa por riba de todo están as familias (que vostede está destruindo), os veciños (que vostede está dividindo), amigos (que xa non son tan amigos),… 

Se esa é a forma de gobernar, apaga e vámonos, porque eu sinceramente este fin de semana pasada era o que tiña na cabeza, abandorar todo esto porque sinceramente esto non é de recibo, esto é humillante, pero humillante po noso pobo. Sentín tanta vergonza (allea) que de verdad que da ganas de mandar todo a paseo, pero recapacitando un pouco teño que seguir a pelexar, pelexar por un Concello que merece outra cousa e que creo que entre tod@s podemos conseguir,  TEMOS QUE ARRANXAR ESTO polo ben de tod@s, porque  é unha vergonza cos tempos que por desgracia corren estar con estas historias que  o único que fan e dar marcha atrás outra vez o noso Concello.

Dende aquí, nesta humilde opinión, pidolle a todos e cada un dos implicados como tamén o grupo Socialista que midan ben as consecuencias de todo esto, ata donde nos pode levar, e que de unha maneira ou outra arranxen esto que non nos leva ningún lugar mais ca afundir un pouco mais este noso Concello.

FAGAN SENTIRNOS ORGULLOSOS DO NOSO CONCELLO E NON TER QUE ANDAR DANDO VERGONZA E CASE QUE COA CABEZA AGACHADA.  MENOS PRENSA, MAIS TRABALLAR E SEXAMOS SERIOS QUE  A SERIEDAD XA BRILLA POLA AUSENCIA.  

SAUDOS

Marco Varela
Concelleiro de APIN.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos