14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Varias incidencias en Muxía, Corcubión e Cee

Este domingo 25 de outubro houbo varias incidencias na comarca de Fisterra.

Os bombeiros da Costa da Morte tiveron que intervir, acompañados por efectivos de Protección Civil de Muxía, nun incendio rexistrado nun garaxe situado na planta baixa dunha vivenda de Castelo, na parroquia de Moraime(Muxía).

Ao parecer o lume orixinouse nun turismo que estaba no interior.Non houbo que lamentar danos persoais aínda que a intervención foi laboriosa pola “carga térmica” que existía no garaxe. Tamén participaron axentes da Garda Civil.

Os bombeiros tamén tiveron que desprazarse ata o lugar de Codesos, en Cee, por mor dun accidente de tráfico. Houbo unha persoa ferida que foi atendido polas Urxencias Sanitarias. Os efectivos do parque comarcal retiraron o vehículo e procederon á limpeza da estrada.Tamén participaron axentes da Garda Civil.

A no lugar da Amarela-Corcubión, na estrada de Cee a Fisterra, tiveron que intervir xa que había un cable eléctrico que ameazaba con caer na vía.

Fotos- Bombeiros Costa da Morte – Protección Civil Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos