16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Lois García Carballido:»A única saída digna, a dimisión»

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, pensa que a «única saída digna» dos concelleiros díscolos coa súa xestión é a «dimisión». 

A difusión de dous vídeos no xornal La Voz de Galicia acenderon unha nova polémica política na localidade pondaliana que se trasladou por todo o territorio galego. O propio alcalde partillou nas súas redes sociais un vídeo, onde aparece o concelleiro Faustino Santiago.

«Un concelleiro que cobra xubilación non pode cobrar do Concello.Non hai caixa B. Os pagos en B non son, nunca foron, compatibles co noso código ético» afirma Carballido que advirte que nunca cederá a chantaxes:

«Eu nunca cederei a unha chantaxe. Renunciei ao meu salario de Alcalde e volvín ao instituto.Pedir cartos o día antes dun pleno… poñédelle nome».

García Carballido tamén incidiu no tema, despois da aparición dunha páxina de Facebook chamada «Mellorar Ponteceso«:»Vamos mellorar Ponteceso a golpe de talonario, por que claro se non nos das o que pedimos, botamos non no pleno, independientemente de que sea ou non sea bo para os veciños. Que vergüenza dios mio! Despois enchesevos a boca falando do que hay en Madrid e a merda esta o lado da casa. Dades noxo!! Por non falar do video, e do «señor» por non emplear outra palabra, berrando por 7200 €».

Dous artigos e dous vídeos no xornal La Voz de Galicia

«Chantaje al alcalde de Ponteceso:7.200 euros se queres tranquilidade» y «Una concejala exige 400 euros el mes y un edil, 350, a cambio de apoyar al alcalde de Ponteceso» son os títulos dos dous artigos publicados polo xornal La Voz de Galicia, que ne versión dixital, están acompañados por respectivos vídeos, gravados no despacho da alcaldía. O concelleiro Faustino Santiago xa anunciou medidas legais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos