A asociación de empresarios de Santa Comba organiza unha campaña de promoción do comercio local a través dun concurso de vídeos, onde os participantes, desde algunha “das moitas paraxes naturais” do concello, comenten “unha boa experiencia ou anécdota que tiveras mercando no comercio local”
Ata o vindeiro 4 de novembro poden enviarse os vídeos de non máis de 25 segundos de duración. A xunta directiva escollerá as cinco producións “máis orixinais”, que se subirán á web www.empresariosdesantacomba.com.
Tres vales de 50 euros
Segundo os organizadores “os tres vídeos con máis interaccións recibirán un Vale de 50 euros para consumir en calqueira das 172 empresas asociadas“.Lembran a necesidade de “seguir as medidas de seguridade en materia de prevención de contaxios contra o Covid- 19”.
Os vídeos poden enviarse a correo@empresariosdesantacomba.com ou ao 633181817.A iniciativa conta co apoio do concello de Santa Comba, que tamén anunciou o inicio dunha campaña publicitaria na TVG.