10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Incendio nunha nave de alimentación no concello de Mazaricos

Actualización 13:30-Axega 112

Finaliza sen danos persoais o incendio rexistrado nunha nave de alimentación en Mazaricos

Os equipos de emerxencias finalizan os traballos para a extinción dun incendio que esta madrugada afectou a unha nave de alimentación situada no concello de Mazaricos.

Co desentullo da zona calcinada e a refrixeración, os efectivos do Parque comarcal de Bombeiros de Santa Comba, os membros do GES de Muros e os voluntarios de Protección Civil da localidade dan por rematado o incendio, que se saldou sen feridos.

Este lume, que comezou a notar un veciño sobre as cinco desta madrugada, arrasou unha zona de afumados da nave e estendeuse, en parte, polo andar superior. Para facer fronte ás chamas, o persoal do 112 Galicia solicitou, tras a chamada do veciño, a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, dos membros do GES de Muros, dos voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e puxo en prealerta aos Bombeiros de Cee e aos equipos do Distrito Forestal da zona. 

ACTUALIZACIÓN 9:45- No incendio producido nas instalacións de Congelados González, en Beba-Mazaricos, non houbo que lamentar danos persoais.

9:30

Os equipos de extinción atenden un incendio orixinado nunha nave de alimentación en Mazaricos

Información-AXEGA 112

Os equipos de extinción traballan para extinguir completamente un incendio que está a afectar a unha zona de afumado de chourizos nunha nave de alimentación situada en Mazaricos.

Arestora, os efectivos de emerxencias manteñen baixo control o lume e proceden a desentullar para rematar de apagar o incendio que se salda sen persoas feridas.

Todo comezou ás cinco desta madrugada cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dun lume nunha nave industrial do lugar de Beba. Decontado, avisouse aos Bombeiros de Santa Comba e aos membros do GES de Muros e buscouse o apoio dos Bombeiros de Cee e do Distrito de Incendios Forestais da zona por se fose necesaria a súa intervención.

Sen embargo, os medios mobilizados en primeiro lugar lograron controlar o incendio confinado nunha sala de afumados. Aí traballan arestora para apagar completamente o incendio, xa que, de momento, existe aínda moita temperatura.

FOTOS INCENDIO- GES MUROS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos