13.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Os bombeiros liberan ao ocupante dun turismo que bateu cun camión nos Camiños Chans (Cee)

Os bombeiros interveñen para liberar ao ocupante dun turismo que bateu contra un camión estacionado en Cee

Fonte-AXEGA 112- Foto-Bombeiros Costa da Morte

O 112 Galicia rexistrou esta mañá un accidente de tráfico no que deberon intervir os bombeiros para liberar ao ocupante, atrapado por unha perna.Sucedeu preto das nove de hoxe nos Camiños Chans, en Cee, tal e como indicou a persoa que chamou ao número de emerxencias para informar da situación.

En concreto, o turismo no que viaxaba o ferido bateu contra un camión que estaba estacionado. Como consecuencia do impacto, o coche envorcou de lado e o ocupante quedou atrapado no interior por unha perna, o que obrigou a intervir aos Bombeiros de Cee para liberar ao ferido e facilitar a atención por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Finalmente, o ferido foi evacuado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, mentres que da limpeza dos restos do accidente tamén se encargaron os bombeiros. Deste xeito, restablecéronse as condicións de seguridade na vía, que permaneceu cortada en ambos os dous sentidos o tempo que duraron os traballos de asistencia e mantemento.Cómpre sinalar que neste operativo contouse, tamén, coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos