15.5 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Mónica Rodríguez:”Estamos traballando duro para resolver a falta de atención que houbo”

Entrevista a Mónica Rodríguez(Desde min 41)

A alcaldesa de Vimianzo lamenta que “esta pandemia non permite afrontar moitas prioridades” se ben desde o goberno local “estamos traballando duro” para dar solución “a unha falta de mantemento total e absoluta e ao abandono do rural”.

Problemas diarios

Mónica Rodríguez apunta a que en tempos de “incertidume” onde a saúde é o máis importante están tratando de resolver demandas veciñais:”Cada día encontrámonos con problemas que incumben aos veciños e que no foron subsanados” no seu momento porque “houbo falta de atención”.

Estas actuacións que están desenvolvendo nas parroquias nos servizos básicos, compaxínanse coa limpeza “a fondo” de merendeiros, fontes, espazos públicos “porque temos que dar unha boa imaxe do noso concello”.

Plan Xeral de Vimianzo

Ante os comentarios do oposición de Adiante Vimianzo, a mandataria socialista reitera que “Vimianzo precisa un Plan Xeral” pero non deixa que “sorprenderse” ante o feito de que a forza que o demanda estivera oito anos no goberno sen dar un paco neste sentido. Un PXOM é necesario pero agora mesmo hai outras prioridades.

Aposta de continuidade no Castro das Barreiras

Outro asunto relevante son as campañas de excavación do Castro das Barreiras, iniciadas fai unha década. “Temos unha aposta de continuidade, as excavacións están sendo algo espectacular, e moita xente está visitando o Castro das Barreiras”. 

A idea do goberno local e poder realizar dúas campañas anuais, e poder facer as xestións oportunas para que os achádegos desa zona poidan expoñerse en Vimianzo.

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, Rodríguez pediu o compromiso do presidente da Xunta, para acometer o enlace da Vía de Alta Capacidade co Polígono Industrial.

Tamén destacou que unha das premisas do seu goberno é o diálogo coa veciñanza:”A xente non era escoitada. Agora as portas deste concello están abertas”.Ademais referiuse á necesidade de apoiar a autónomos, pequenos empresarios, ao comercio e a hostalaría, nesta crise sanitaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos