12.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Persoa ferida nunha colisión entre dous coches en Rus

Unha persoa foi trasladada en ambulancia, despois dun accidente que consistiu nunha colisión frontolateral entre dous vehículos, acontecida no punto kilométrico 5,5 da estrada DP-1914, á altura de Rus, en Carballo.A única ocupante dun Seat Ibiza, foi trasladada en ambulancia, resultando aparentemente, ferida de carácter leve.

Efectivos dos bombeiros de Carballo acudiron ao punto do sinistro, ao ser avisados, cando se dirixían a retirada unha árbore caída sobre a estrada en Vilela-Entrecruces.

Unha vez no lugar do accidente, procederon a facilitar a saída deste persoa retirando os respaldos dos dous asentos dianteiros para que poidera saír pola porta traseira dereita, xa que as portas esquerdas estaban bloqueadas como consecuencia do impacto.

O choque tivo lugar sobre as 8,20. No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil, Policía Local, da Garda Civil e das Urxencias Sanitarias.

FOTO-BOMBEIROS CARBALLO

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos