Santa Comba tivo unha intensa fin de semana coa KDD multimarca, e as actuacións de Oswaldo Digón e do Grupo De Vacas.Esta “ponte do Pilar” que vivimos en medio da crise sanitaria, contou con varias actividades no concello de Santa Comba.
Outono cultural Santa Comba
O venres o humorista Oswaldo Digón estreou o ciclo de monólogos “RiXallas”, que se inclúe no “Outono Cultural” que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba.
Dentro do mesmo programa estivo o concerto do domingo que ofreceu o grupo De Vacas.Os dous eventos, celebrados no auditorio do multiusos con aforo limitado, contaron coa presenza do primeiro tenente de alcalde José Antonio Ucha, da concelleira de cultura Cristina Fajín e do concelleiro José María Espasandín. Todos do PSOE.
Por certo na entrada do multiusos pódese ver unha exposición con «viñetas» do xalleiro Atomé.Este martes, 13 de outubro, comezará o reparto gratuito de invitacións, na Casa da Cultura, para o monólogo que ofrecerá o vindeiro venres 16, Federico Pérez.
KDD de Clandestinos Racing
E con éxito desenvolveuse o pasado sábado a KDD Multimarca organizada por Clandestinos Racing, co apoio do concello de Santa Comba.Segundo os promotores, preto de catrocentos coches participaron neste evento, que contou cunha importante concorrencia. Desde a organización agradecen a axuda dos colaboradores e fan un balance moi positivo desta “KDD”. E xa pensan na vindeira.