11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O BNG denuncia na Comisión Europea as vulneracións da normativa na mina de Santa Comba

//Petición de información sobre os  proxectos mineiros de Rafaella Resources na búsqueda de wolframio e estaño na contorna de Varilongo e de Eurobattery Minerals centrada en minerais coma o níquel, o cobre e o cobalto//

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, presentou unha pregunta escrita na Comisión Europea para denunciar “as vulneracións da normativa comunitaria que o goberno galego permite a respecto da mina de Santa Comba”.

Ana Miranda explica que “pese a existencia de informes que indican que a mina de Santa Comba, -pechada en 1986 e cuxa concesión debía ter vencido en 2008- debería contar coa avaliación de impacto ambiental, o goberno galego permitiu que dúas empresas adquiriran as concesións e aprobou os proxectos ignorando as directivas comunitarias”. As previsións da empresa Rafaella Resources, con respecto a Varilongo, son as de poder comercializar wolframio en 2021.

VULNERACIÓNS EN SANTA COMBA

Ana Miranda manifestou:“Temos que denunciar que o Goberno galego fai a vista gorda coa minería en Galiza mesmo incumprindo requisitos de protección ambiental europeos e internacionais”.

No caso concreto desta concesión de Santa Comba engade que “non só atopamos vulneracións normativas sobre a ausencia de avaliación do impacto ambiental, senón tamén a respecto da participación pública”.

Desde o BNG consideran “inadmisible” que o goberno galego “impida sistematicamente o acceso á información ambiental sobre esta mina, de forma que viola a Convención de Aarhus e a Decisión do Consello de 17 de febreiro de 2005 sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente”.

Consideran que a Comisión Europea debe pedir explicacións á Xunta de Galicia “sobre o desenvolvemento deste proxecto e o incumprimento da normativa comunitaria”.

Petición 511/2020 no Parlamento Europeo

Na Comisión de Peticións do Parlamento europeo presentouse unha petición referida a esta zona mineira. Alude aos proxectos mineiros de Rafaella Resources na búsqueda de wolframio e estaño na contorna de Varilongo e de Eurobattery Minerals centrada en minerais coma o níquel, o cobre e o cobalto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos