15.6 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Sandra Capelo e José Manuel Vázquez falaron do patrimonio relixioso de Santa Comba en Radio Xallas

A historiadora Sandra Capelo e o traballador municipal José Manuel Vázquez falaron en “Radio Xallas” dese importante traballo de investigación e catalogación que levan desenvolvendo desde fai uns meses.

O obxectivo é claro. Divulgar o patrimonio artístico relixioso de Santa Comba.”Temos que darlle valor ao que temos porque se está perdendo”, afirma Capelo. “Se non documentamos os pequenos tesouros e as pequenas hisrorias poderíanse perder” coincide Huelvis.

Escoita a entrevista en Radio Xallas-Desde o minuto 48

De momento centran a súa labor nas igrexas, e xa inspeccionaron os templos parroquiais de San Pedro de Cícere, San Vicente de Arantón, San Martiño de Fontecada,  San Andrés da Pereira e San Xulián de Santa Sabina. E comenzaron a traballar nos de San Pedro de Castriz e  en Santa María de Grixoa de Esternande.En cada lugar encontran colaboradores:”A xente ten interese. Máis do que pensamos” aclara a historiadora xalleira.

Traballo de campo nas igrexas, consulta de fontes orais e moitas horas de consultas no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. E non deixan de sorprenderse. En Cícere, é evidente a pegada do fillo da terra o Bispo García de Pardiñas e Vilardefrancos e da orde  mercedaria fundada por San Pedro Nolasco, coa capela “anexa” das Mercedes.

Tamén lles chamou a atención o retablo de pedra do SXVI en Santa Sabina “cun fresco que segue policromado”,  outro encontrado no templo da Pereira, ou outro protagonizado por figuras femininas en San Vicente de Arantón, onde hai creacións de estilo gótico-neogótico e aínda se conserva un púlpito.Ou o San Silvestre que segue en Castriz. Outrora cunha activa e vella confraría e incluso cun propio día de festa.

Capelo e Vázquez non deixaron de citar a Ermida de San Bartolomé do Busto e a igrexa parroquial de San Pedro de Santa Comba, con campás da antiga e cunha modernidade que tampouco pode ser menosprezada:”A nosa igrexa é bastante máis pioneira do que pensamos” apunta Sandra Capelo.

Huelvis explicou que as campás xalleiras foron mercadas entre 1807 e 1812, e o mestre campaneiro chamábase Francisco Antelo Blanco.
A intención e publicar unha guía coas igrexas xa estudiadas, e continuar documentando os demais lugares de culto, xunto coas capelas e outros elementos do patrimonio relixioso. Aspiran a que se poidan instalar códigos QR con toda a información nos distintos lugares, para facilitar as visitas. E poder conformar unha “ruta guiada do barroco”.

Está claro que queda moito por facer. Pero o realizado xa ten moito mérito, e ningún camiño se rematou sen antes terse iniciado. E a iniciativa destes dous veciños é moi meritoria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos