11.6 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

O PP denuncia discriminacións entre veciños na instalación da subministración de auga en Mazaricos

O portavoz do Partido Popular de Mazaricos acusou ao alcalde Juan Blanco de “facer política” e de practicar un trato “discriminatorio” na instalación da subministración de auga entre os veciños do municipio.

Nun comunicado de prensa, Sergio Noya, cualificou de “intolerable” e “auténtica cacicada” esta situación que denuncia:“Non ten ningunha explicación que veciños que viven nas mesmas zonas –Lago e Alborés- e que solicitaron poder ter auga nas súas explotacións queden sen ela, mentres ven como os de á beira si a teñen”.

As Maroñas

Os populares piden explicacións ao mandatario “sobre este trato desigual entre persoas que teñen os mesmos dereitos”. Sergio Noya referiuse ao caso das Maroñas, “onde a tubaxe que dá subministración leva colocada máis de 20 anos, o goberno local non sexa capaz de enganchar o servizo para que a xente que vive aquí poida ter auga nas súas explotacións”.

O portavoz do PP declarou:“É curioso o moito que o alcalde se preocupa para que certos veciños teñan auga e, noutros casos, con moitas menos dificultades para ofrecer este servizo, leven anos sen poder tela”.

Sen orzamentos municipais

Desde o PP tamén critican que a día de hoxe o goberno local do BNG siga sen presentar os orzamentos:“O ano pasado tivemos que esperar ata o mes de novembro para ter as contas municipais e, este ano, imos polo mesmo camiño ou peor. Así é imposible ter unha planificación de actuacións que se necesitan levar a cabo como pode ser a do fornezo da auga”, concluíu Noya.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos