6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Proxectos mineiros: David Barbeira asegura que actuará en defensa dos intereses veciñais

Con respecto a polémica sobre as sondaxes mineiras de Eurobattery,  alcalde de Santa Comba, David Barbeira, asegura que está á espera da “documentación acreditativa das accións ou proxecto que poida levar a cabo a empresa”. Explicou que o 17 de outubro de 2019 remitiuse un escrito ao Servizo Provincial de Enerxía e  Minase que o pasado venres volveuse e reiterar a petición.

“De non ter coñecemento fidedigno das accións desta empresa pediranse as responsabilidades oportunas” afirmou Barbeira.

O alcalde enviou esta mensaxe aos veciños:“Os veciños e veciñas de Santa Comba e de Castriz en particular poden estar tranquilos no que respecta as actuacións que se leven a cabo dende a alcaldía, no senso que sempre se actuará na defensa dos intereses veciñais, velando polo concello no seu conxunto e esixindo a legalidade e responsabilidade de calquera actuación mineira”.

O pasado venres a asociación Petón do Lobo enviaba escritos tanto a Xunta coma ao propio concello de Santa Comba, pedindo explicacións e a paralización inmediata das actividades da multinacional sueca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos