9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Daniel Pérez:”Pretendo ser unha caixa de resonancia das demandas que haxa na zona”

O avogado carballés Daniel Pérez é un dos novos deputados autonómicos que se estrean no Hórreo nesta lexislatura. Considera que “é importantísimo escoitar á xente” e comprometeuse a “estar atento a todas as demandas da Costa da Morte e Bergantiños”.

Daniel Pérez- Entrevista Na Encrucillada desde o minuto 33

Porque o seu obxectivo é “ser unha caixa de resonancia das demandas que haxa na zona”. Afronta esta “gran responsabilidade” con “moitísimas gañas e ilusión”.

Neste tempo xa acompañou a voceira nacionalista Ana Pontón a unha visita á Cee onde se reuniu cos representantes do comité de empresa de XEAL(antiga Ferroatlántica. 

Pérez confesa que é un tema que lle preocupa “moito” e que os traballadores teñen “reivindicacións xustas e necesarias”. Afirma que un dos obxectivos do BNG é “non deixar que se perda nin un só posto de traballo”.

Asegurou que o Bloque tivo un comportamento “leal” durante os meses máis críticos da pandemia, pero lamentou “o inicio de curso caótico e desastroso que é responsabilidade directa da consellería de Educación” ou a falta de previsión da consellería de Sanidade.

Tamén se referiu o caso de Carballo, onde o BNG como “forza transformadora” convertiu “un Carballo que era gris, nun Carballo vivo” cambiando “a maneira de entender a política” ao ser “un goberno accesible”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos