13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

“Boa parte de Santa Comba está encima dos dereitos mineiros de Eurobattery Minerals”

A asociación ambiental “Petón do Lobo” convida á veciñanza de Santa Comba a organizarse e pedir explicacións con respecto á mina de Castriz e demais dereitos mineros de Eurobattery Minerals.

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, unha portavoz de esta entidade, Ana Varela, alertou de que “hai posibilidades moi reais de que este proxecto se execute” e que polo tanto “despois será máis difícil de paralo”.

Lembrou que ao referirnos a materiais estratéxicos, é probable que obteñan financiamento do Banco Europeo de Investimentos(BEI), e “en calquera momento obteñan un permiso de explotación”.

Entrevista a Ana Varela- Desde o minuto 61

A marxe do que poida suceder, para “Petón do Lobo” o problema xa está sobre a mesa. “As prospeccións que está facendo non están sendo supervisadas, e poden ser moi perigosas, porque poden danar acuíferos”.

Desde a entidade pediron explicacións á Xunta, denunciando “a total opacidade e a tramitación espúrea”. Pero tamén piden ao alcalde de Santa Comba, que se mova, porque é a administración máis cercana.

Dereitos caducados pero non formalmente

Os dereitos mineiros en cuestión, denominados “Carmen”, en teoría están caducados, pero o goberno galego “non declarou formalmente aínda a caducidade”.

Ana Varela advertiu que resulta “imposible convivir cunha mina a ceo aberto”, e tamén que estamos falando dun territorio moi amplo no que a empresa ten o seu plano de acción: unhas 2.500 hectáreas, que afectarían aos concellos de Santa Comba e Coristanco.“Boa parte de Santa Comba está encima dos dereitos mineiros de Eurobattery Minerals” apunta.

Para o vindeiro domingo 11 de outubro, ás 11 da mañá, está convocada unha xuntanza veciñal na Casa da Escola de Grixoa de Esternande.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos