13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Os edís críticos piden “formalmente” a dimisión do alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido

Se fai catro días xa pedían a dimisión do alcalde, agora xa o fan “formalmente e por escrito”. Nada cambiou nos últimos días para que os seis concelleiros discrepantes cambiaran de postura. Nin tan sequera a xuntanza convocada polo rexedor.

“Despois de case un ano e medio de conflitos internos na procura dunha solución para poder xestionar  o noso concello, de poñelo en coñecemento da agrupación local e da provincial, e sempre ocorre o mesmo, reunións tardías dicindo que as cousas van cambiar… e a reunión de onte ía ser unha máis”.

Os edís críticos sosteñen que “entendemos que o problema agora e que xa non só afectan as relacións internas se non a os nosos autónomos e aos nosos veciños e veciñas , así que non nós quedou outro remedio polo ben común, que pedirlle formalmente e por escrito a dimisión do Señor Carballido, porque a súa xestión estanos levando á ruina, e por iso faremos todo o posible para que iso non ocurra polo ben dos nosos veciños e veciñas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos