O portavoz municipal de APIN, José Manuel Pose Verdes, pensa que “a única solución é a moción de censura” pero que depende das decisión que adopten os críticos. Pola súa banda “non temos ningún problema en sentarnos a falar e en chegar a acordos o máis rápido posiblepolo ben de Ponteceso”.Lembrou que se está vivindo unha situación semellante a da pasada lexislatura.
«Un manipulado nato»
Segundo Pose, que gobernou con García Carballido, o alcalde de Ponteceso “non é capaz de delegar en ninguén, ten que darlle a puntilla a todo e saír no foto final. Ten un protagonismo demasiado exacerbado”.Isto unido a que “non ten proxecto”.Tamén engadiu que ten “unha habilidade pasmosa” para convencer e o definiu como “un manipulador nato”.
Pese a estas supostas «habilidades» considera complicado que poida convencer a tódolos concelleiros discrepantes.