7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Mensaxe dos críticos ao alcalde de Ponteceso:”Explique como están as contas e déixese de reunións tardías”

Este venres está prevista unha xuntanza entre o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido e os seis concelleiros críticos do grupo municipal socialista.

Este grupo opina que “está ben que despois dun ano e medio ,o señor Carballido se acordE que o equipo de goberno non esta solo formado por el, iso que se lle recordou en numerosas ocasións”.

Segundo os críticos “entre elas o pasado sábado 26 setembro dado que a pesar de que había un pleno extraxudicial no que se incluían facturas dos nosos autónomos non contou con nos para nada , eso sí para botarnos a culpa de que non cobraban parece que estábamos aquí formando parte do pleno”.

Nun comunicado engaden que “o Sr. Carballido se realmente lle importasen os veciños e entre eles especialmente os autónomos,  igual non tiñan falla de chegar esas facturas a pleno”.

Pídenlle ao mandatario que “explique como están as contas e deixese de reunións tardías e pense por unha vez na confianza que todos depositamos en vostede no seu día”.

Unha confianza que “a día de hoxe non podemos ter” Afirman que  sempre estarán “de lado dos nosos veciños e especialmente dos nosos empresarios que xeran riqueza no noso municipio”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos