O Campo da Feira de Santa Comba e a rúa Miraflores acollerán o vindeiro sábado 10 de outubro unha “KDD multimarca” promovida por Clandestinos Racing.Contan coa colaboración do concello de Santa Comba.
A actividade comezará a partir das 11 da mañá. Haberá sorteos e probas de “escape gasolina e gasoil” e premios para os coches máis baixos, altos, antigos e máis novos. Así como para os vehículos e grupos que veñan de máis lonxe.
ENTREVISTA A ALBERTO RAMOS -Desde minuto 51
Un dos promotores, Alberto Ramos, lembrou que o evento conta con todas as medidas de seguridade e protocolo Covid-19, salvagardando as distancias, control de aforo e con medidor de temperatura.
Esta KDD xa estaba prevista para o pasado mes de marzo e foi suspendida polo Estado de Alarma. Parece que a afición polo mundo do motor segue medrando. “Cada vez hai máis afición, isto vai a máis” afirma Ramos.
Esta KDD multimarca de Santa Comba ten unha vertente solidaria xa que se recollerán tapóns para o pequeño Hugo e alimentos para familias necesitadas do concello. O ritmo de inscricións vai vento en popa.