2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

Cúmprense dez anos do inicio das prospeccións no Castro das Barreiras con importantes descubrimentos

Este 1 de outubro cúmprense dez anos daquel día no que o arqueólogo Tito Concheiro empezaba o seu traballo no Castro das Barreiras, en Vimianzo:”Fun con bastante escepticismo, era un castro estraño” dixo.

“Unha intervención óptima”

Unha década despois o Castro das Barreiras non deixa de dar sorpresas. Rematouse unha nova quenda de traballos arqueolóxicos con excelentes resultados:”Foi unha intervención óptima, este é un castro moi agradecido que sempre proporciona moitas novidades e moito material”.

Tito Concheiro “Na Encrucillada”

Entre os descubrimentos temos un vertedoiro cerámico con más de 20.000 fragmentos.”Hai unha cultura material espectacular e unha olería brillante”, declaraba orgulloso o arqueólogo no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Nesta mesma emisora, xa avanzara nos primeiros días da campaña a existencia dunha muralla escalonada:”A muralla imprímelle carácter ao Castro das Barreiras.É unha muralla potente, moi ben construída, cun paramento de pedra de cachotería de moita calidade, cunha estrutura escalonada, que cando se escave nas zonas máis altas vai a ser espectacular”.

Entrevista a Tito Concheiro-desde o minuto 27

Das cociñas mellor preservadas do mundo castrexo

Outro importante aspecto son os fogares. Presentan “unha das mellores cociñas preservadas do mundo castrexo, xa que se conservan o forno co dous espazos, un probablemente para cociñar e outro para quentarse”.

Tamén se poido determinar que a cronoloxía do emprazamento sube. É máis longa da prevista inicialmente.”Sempre pensei nunha secuencia cronolóxica máis curta” engade.

Castro das Barreiras, moito por descubrir

Hai material que “nos leva ata ao século I despois de Cristo”. Ademais as casas ovaladas colócanse co eixo longo en paralelo á muralla. Constituíndo “un sistema único e fascinante”.

Tito Concheiro destaca o enorme potencial deste complexo, “xa que só levamos escavado un 4%”.Semella que o futuro deste Castro das Barreiras é prometedor xa que o compromiso do concello de Vimianzo é decidido. “Temos aquí unha das xoias patrimoniais de toda a Costa da Morte e reitero o meu compromiso co seu coñecemento e posta en valor” declarou a alcaldesa Mónica Rodríguez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos