13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Ilva Carril:“En Camariñas vivimos do mar. O ISM é moi importante e temos que facer forza para que non se peche»

A portavoz do BNG de Camariñas, Ilva Carril, considera “moi necesaria” a ordenanza de animais de compañía aprobada o pasado venres e lembrou que o seu grupo leva “seis anos” pedindo medidas.

Xustificou a abstención do Bloque polo referente ás praias:”Estamos a favor pero parécenos excesivo que non haxa praias cercanas para levar ós cans de paseo durante catro meses».

Entrevista a Ilva Carril a partir do minuto 89 deste audio

Non ao peche do ISM de Corcubión

Tamén opinou sobre a problemática do ISM de Corcubión. A moción do BNG foi apoiada por PSOE  e PP, se ben Carril pensa que os alcaldes da Costa da Morte son “moi conformistas” e pediulle a mandataria camariñana que falara cos patróns maiores de Camariñas e Camelle.

“En Camariñas vivimos do mar. O ISM e moi importante e temos que facer forza para non o peche. Temos que defender o noso” afirmou a concelleira nacionalista.

Falta de talante no PSOE

Outro asunto que tratou nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” foi o reparto de subvencións nominativas e citou o caso concreto  de dúas entidades que reciben 1.500 euros cada unha delas. Parécelle algo “descarado” e  indica que “hai outras asociacións  que tamén necesitan ese cartos”.

Ilva Carril fixo un balance “malo”  deste tempo de lexislatura. Pensa que a alcaldesa Sandra Insua “empezou con boas ideas e sendo dialogante pero xa colleu o ritmo de Pichurri de aquí mando eu”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos