O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE e deputado autonómico, Pablo Arangüena, asegurou que en Ponteceso “hai que falar moito” para resolver “unha situación concreta”.
Arangüena confía en que a crise que existe “se arranxe” e “se pacifique calquera discrepancia que poida existir”.
O dirixente socialista defendeu o traballo dun “alcalde excelente” como Xosé Lois García Carballido, asegurando que “está facendo un esforzo polo pobo” e afirmando que “case non hai ningún alcalde que o supere no interese e na consistencia dos temas do seu concello”.