19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Os edís críticos de Ponteceso pídenlle a García Carballido que dimita

Falan de perda de confianza pola falta de información e as decisións unilaterais do alcalde socialista de Ponteceso.

“Iso non é equipo nin é xogo limpo así que por favor dimita e deíxenos traballar coa ilusión a a verdadeira paixón que Ponteceso merece”. Os seis concelleiros do grupo municipal socialista críticos coa xestión do alcalde xa non andan con medias tintas e piden a renuncia do mandatario.

Non queren ser cómplices

“O señor alcalde desde o seu posto e como responsable non debe eludir o seu compromiso co proxecto político que dixo ter no seu día para o noso pobo, debe explicar aos veciños e veciñas a realidade das súas verbas e a que lle chama paixón. Porque se o proxecto é arruinar Ponteceso e a paixón a falta de información e as decisións unilaterais, nós nunca seremos cómplices diso”.

Pérdida de confianza en Carballido

Este grupo de concelleiros pídelle a Lois García “que non lle minta os veciños e veciñas que confiaron en vostede ao igual que fixemos nós no seu día, creendo que vostede gobernaría con humildade, transparencia e boa fe, pero encargouse de que perdésemos a confianza ao darnos conta de que o que menos lle importa é o benestar dos veciños…. as victorias son súas pero cando hai problemas é culpa dos demais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos