O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, pensa que os concelleiros críticos “estanse poñendo claramente fóra da disciplina do partido, o feito de ir nunha lista e logo utilizar o voto para favorecer a outra, chámase transfuguismo”.Neste senso, opina que deberían renunciar as súas actas de concelleiros.
En declaracións ao xornal Diario de Bergantiños, García advirte que os que esta noite voten en contra do recoñecemento extraxudicial para pagar uns 300.000 euros en facturas atrasadas “van a ter que dar moitas explicacións”.
Carballido negou as acusacións verquidas, afirmando que que con certa periodicidade convoca ao grupo municipal e que ademais “as portas da alcaldía están sempre abertas”.