10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

David Barbeira asegura que Ucha leva “poñendo paus na roda” desde o inicio da lexislatura

Non quere aventurar o que pode pasar dentro duns meses e prefire resolver todo o relacionado co pacto de goberno “internamente”. Pero deixa claro que o portavoz socialista, José Antonio Ucha “desde o minuto un non fixo máis que poñer paus na roda”.

Lamenta que “só se dedica a falar e non a escoitar” e pensa que que debería de reflexionar:”Leva 17 anos en política en non foi capaz de chegar a ningún consenso”.

Desde os micrófonos de Radio Xallas, David Barbeira, emprazou a Ucha a realizar unha disculpa pública polos seus comentarios no pleno sobre os xeles hidroalcohólicos, xa que pensa que está atentando contra a “honorabilidade” de traballadores municipais.Deixou claro que os produtos utilizados de desinfección e protección cumpren coas normativas.

O alcalde anunciou que non ía a seguir confrontando verbalmente co líder socialista nos medios:”Quero centrarme en Santa Comba”. Iso sí, lamentou a “irresponsabilidade total” do PSOE por votar en contra dos gastos sociais do plan da Deputación, por valor de 71.000 euros. Agradeceu o apoio do Partido Popular de María Pose:“Sería gravísimo perder estes cartos”.

Negou que as subvencións nominativas estiveran en risco e explicou o seu voto a favor da proposta do PSOE:”Votei porque prefería un mal plan a non ter plan”.

Pese a mala relación actual co seu socio de goberno, David Barbeira, é optimista con acadar un consenso para os orzamentos e o POS:”Estou seguro de que imos a chegar a un acordo para o Plan de obras e para os orzamentos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos