13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Concelleiros do goberno de Ponteceso volven a criticar as decisións unilaterais e a falta de diálogo de Carballido

A maior parte dos membros do goberno do PSOE de Ponteceso non oculta a súa falta de sintonía co alcalde, Lois García Carballido, e é máis,  sinala que “o diálogo entre o grupo de goberno pontecesán é inexistente”.

Estes concelleiros afirman que “o alcalde mantén a postura de desinformacion cos seus concelleiros e segue tomando as decisions unilateralmente e sen ningún tipo de diálogo”.

Recrimínanlle ao alcalde a convocatoria dunha xuntanza de militantes para tratar sobre os asuntos do pleno deste venres “sen contar cos concelleiros que son os que teñen o voto e cos que ten que manter o diálogo para levar a cabo o seu proxecto político”.

E fan referencia a un dos asuntos deste pleno, un recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de facturas pendentes por un importe de aproximadamente 300.000 euros:

“O señor Carballido anuncia que a sua prioridade e pagarlle ás empresas locais pero omite que conlevan informes en contra .Esto deixa entrever a mala xestion, e que non existe ningun tipo de planificacion de gasto , o cal está levando a situación economica do concello a ruina, da cal non queremos ser cómplices”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos