14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Camariñas aproba, sen votos en contra, a ordenanza de animais de compañía

O PSOE e un concelleiro do PP votaron a favor. Tres edís do PP  e a concelleira do BNG, Ilva Carril, abstivéronse.

O concello de Camariñas xa ten aprobada inicialmente a ordenanza municipal para a defensa, protección, benestar e tenencia responsable de animais de compañía, que contempla duras sancións ante os incrupimentos.

Segundo lembran desde o concello “a persoa propietaria dun animal é responsable da súa protección e benestar, tendo a obriga de facilitarlles alimentos e auga, proporcionarlles aloxamento suficiente, cómodo e seguro; sometelos a revisións veterinarias precisas e prestarlles todos aqueles tratamentos veterinarios preventivos, paliativos ou de curación que sexan precisos; proporcionarlles o necesario exercicio físico e descanso, así como unha contorna libre de tensión, medo e sufrimento”.

Tamén se prohíbe ”levar soltos nas vías públicas aos cans e demais animais domésticos os cales deben ir provistos de correa e colar, ou outro elemento de retención, excepto naqueles lugares nos que se permita que transiten en liberdade e, en todo caso, baixo o control e responsabilidade dos posuidores ou posuidoras daqueles, tal e como se establece na Ordenanza”.

Sancións administrativas

As sancións administrativas tipificadas como leves, graves e moi graves, van desde a sanción económica de 100 ata os 30.000 euros. Así, e sobre todo en materia de recollida das deposicións dos animais, desde o goberno local incídese na creación da concellaría de Limpeza e Ornato como “acción fundamental para a preservación e conservación dos espazos públicos, de cara tanto á veciñanza como aos potenciais turistas que visitan o noso pobo. Non imos permitir que o comportamento incívico duns poucos non nos permita gozar do Camariñas limpo que a maioría queremos”.

Con carácter xeral, permítese a presenza de cans nas praias do termo municipal. Non obstante, no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, queda expresamente prohibido o acceso ás praias de Camelle, Arou, Lingunde, Area da Vila, Lago, Ariño, Pedrosa e Area Grande. 

Entre outras cuestións, no pleno aprobouse unha moción relacionada coa problemática do  I.S.M. de Corcubión, presentada polo BNG, e que foi aprobada por unanimidade.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos