12.3 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Ucha acusa a Barbeira de estar “de rebaixas e de saldo” e de buscar un pacto co Partido Popular

Para José Antonio Ucha o actual alcalde está facendo “bos” a todos os mandatarios anteriores.Pensa que “este concello segue anclado no servilismo, no amigusimo, no clientelismo e no chantaxismo”, cun mandatario que “boicotea” as iniciativas dos socios de goberno nas xuntas de goberno e nos plenos e que suprimiu as “xuntas de coordinación” que se celebraban os venres.

Lamenta que o alcalde nin dialoga “nin fai os deberes”, cuns orzamentos sen aprobar cando”xa deberiamos estar traballando nos orzamentos do ano próximo”; e cun PSOE que tivo que solicitar un pleno extraordinario “para non deixar colgadas ás asociacións” sen subvencións.

“Temos un pacto e dous e dous anos a pesar de que él é desleal con nós” afirmou Ucha que aínda que marca como data o mes de xuño de 2021 para a “rotación na alcaldía”, pensa que o mandatario non vai a cumprir:”Sóbrame motivos suficientes para romper o pacto de goberno cando o meu socio de goberno está pactando co PP”. Critica que Barbeira está de “rebaixas e de saldo” co obxectivo posto en ese suposto acordo.

No caso de que se chegue ao prazo establecido e non se cumpran os acordos, Ucha avanza que aplicarán a “cláusula de rescate” e abandonarán o goberno.

Entrevista a Ucha en Radio Xallas, a partir do minuto 31

Nunha entrevista en Radio Xallas, Ucha Velo, denunciou a existencia de “linchamentos” e “ameazas” a traballadores municipais. Tamén falou da proposta da “Mesa de Diálogo Social”, a que lle falta “un mínimo de desarrollo” e que semella ser “unha ocurrencia”.

Manifestou que se a intención e ter un órgano de interlocución coa asociación de empresarios xa existe a chamada “Mesa Local de Comercio”.Cualificou de mangoneo o proxecto de posta en marcga da vella EDAR da Braña Rica, entre outras cuestións abordadas nesta conversa.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,838SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos