4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Rubén Lorenzo:”A Costa da Morte merece un protagonismo importante”

O carballés Rubén Lorenzo tomou esta semana posesión da súa acta de deputado no Parlamento de Galicia. De ir nas listas e ser nomeado concelleiro en Carballo a entrar no Hórreo:”Foi todo moi rápido, pero estou moi ilusionado e moi agradecido pola confianza”.

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, Lorenzo ratificou o seu “compromiso cos habitantes da Costa da Morte”, e asegurou que “tentarei que as demandas da Costa da Morte sexan escoitadas”.

Entrevista en Radio Xallas con Rubén Lorenzo-desde o minuto 111

Ten claro que “será un orgullo representar a unha zona tan importante para Galicia, e que merece un protagonismo importante”. Recoñece que “hai moito que facer” e que “teño unha boa lista de tarefas” xa preparada.

Rubén Lorenzo confirmou que continuará sendo concelleiro en Carballo porque cree “no proxecto e que Carballo pode ter e necesita unha alternativa de goberno”.

Salientou o interese do goberno de Núñez Feijóo por “tender a man” e pediu aos alcaldes e representantes políticos “que sigamos remando no mesmo sentido neste momento tan complicado”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos