13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Xosé Regueira:”Coa excusa da Covid non se está facendo nada e precarízase a mala planificación sanitaria de Bergantiños”

O responsable comarcal do BNG en Bergantiños, Xosé Regueira, cualificou de “auténtico fracaso” a xestión da Xunta de Galicia nos últimos meses con respecto a pandemia:”Non se aproveitou o tempo para planificar o que se viña enriba”.

Lembra que na comarca de Bergantiños, onde hai catro concellos con medidas restritivas “xa é unha loita histórica que as especialidades están mal cubertas” e “non se cubren as baixas do persoal facultativo dos PAC”, cunha atención primaria deficitaria.

“Coa excusa da Covid non se está facendo nada e precarízase a mala planificación sanitaria de Bergantiños” lamenta Regueira.Os nacionalistas recriminan a “falta de transparencia” por parte da Xunta, que non estaba achegando datos o que xeraba “unha desconfianza nos propios concellos”.

Entrevista a Regueira «Na Encrucillada» desde o minuto 43

Sobre este extremo aclarou:”Ate que Carballo entrou nesta fase, descoñecíamos absolutamente o número de casos que había no noso termo municipal”.

Xosé Regueira denuncia unha deixadez de funcións por parte do goberno galego:”Ou lle botan a culpa ao estado ou cargan a responsabilidade nos concellos”, recordando que “a Xunta ten competencias exclusivas en sanidade e educación”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos