11.1 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

Un incendio afecta a unha vivenda en Fisterra. Dous bombeiros necesitaron asistencia médica

Info-axega 112- Foto arquivo-Vista Fisterra

Os servizos sanitarios de urxencia subministran osíxeno a dous bombeiros exhaustos pola extinción dun incendio, que alcanzou altas temperaturas e dificultou a actuación dos efectivos de salvamento.

Ocorreu pasadas as 23 horas de onte na Avenida da Coruña, en Fisterra, onde resultou calcinada parte dunha vivenda con tres andares. Ademais dos bombeiros, ninguén resultou ferido, pois a casa estaba desocupada no momento de producirse o lume.

As lapas e o fume chamaron a atención dos veciños que, decontado, contactaron co 112 Galicia para alertar sobre o que sucedía. Un incendio cebouse co segundo andar dunha casa e alcanzou tal grao de temperatura que dificultou as tarefas de extinción os Bombeiros de Cee. De feito, dous deles necesitaron asistencia médica debido ao esforzo e falta de osíxeno.

Aínda que os maiores danos producíronse no segundo andar, en xeral, toda a casa viuse afectada polo fume e polo lume.Ademais dos Bombeiros de Cee, no extinción do incendio colaboraron os voluntarios de Protección Civil da vila e os axentes da Garda Civil. Tamén interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos