14.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Faleceu Avelino Lema Santos, o promotor do Naufraxio de Laxe

O creador do Simulacro de  Naufraxio de Laxe, Avelino Lema Santos, falecía esta fin de semana e os seus restos xa repousan no cemiterio parroquial. 

Nos anos sesenta e froito da súa devoción á Virxe do Carme e en agradecemento por sobrevivir a tres naufraxios, promoveu unha representación, que importou de Perú, e que acabou sendo Festa de Interese Turístico de Galicia. 

«Mentras existan os mariñeiros isto perdurará»

Xa é un símbolo e un atractivo nas festas do verán en Laxe. Pola crise sanitaria, este ano non houbo o simulacro. Avelino Lema tiña 87 anos. E puido gozar de 57 emocionantes simulacros na súa vila natal. 

En declaracións recollidas pola web Turismo de Laxe, Lema lembraba que que o día do Naufraxio, 17 de agosto,”é o día máis grande do ano. Case todo o mundo ten conexión con algún mariñeiro ou familiar que lle morreu no mar e se recorda e se lle dá vida”.Tamén se amosaba convencido que “mentras existan os mariñeiros isto perdurará”.

Foto- Turismo de Laxe

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos