10.9 C
Santa Comba
domingo, mayo 11, 2025

O BNG manifesta que o ISM de Corcubión “é un servizo público que é preciso manter”

O deputado do BNG no parlamento estatal, Néstor Rego, mantivo un encontro cos patróns maiores das confrarías da Costa da Morte para expresarlle o seu apoio e dar conta das iniciativas do BNG no tocante ao centro de sanidade marítima local de Corcubión.

“É un servizo público que é preciso manter” declarou Rego, que tamén demandou que “o ISM sexa transferido a Galicia porque non ten ningún sentido que dependa do ministerio de Seguridade Social de Madrid”.

O deputado do BNG apoiou as “medidas de presión e mobilización” que se impulsen na Costa da Morte, e pediu que se cubra a baixa do médico para “previr de que sexa o preludio de que pechen o ISM de Corcubión”.

DECLARACIÓNS NÉSTOR REGO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos