O portavoz do Partido Socialista de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, recoñeceu que co goberno do PP liderado por Juan Carlos García “hai obras e servizos que se están a poñer en marcha» e que tamén se recolleron “un montón de propostas do PSOE que van a axudar ós veciños e ás empresas”.
Para Pérez Abelenda a nota negativa “é que falta información ou vén a contagotas”. Agarda que leven a cabo todas as propostas que achegaron ao goberno e que “se cumpran prazos e se aporte información”.
Escoita a entrevista con J.M. Pérez desde o minuto 77 deste audio
Abstención do PSOE
Sobre as críticas de Amancio Lavandeira pola abstención de PSOE e BNG, indicou que “a abstención foi porque o PSOE fixo propostas, e non podemos votar en contra dos veciños de Coristanco. Son obras que demandaban e son necesarias”.
Os socialistas agardan que o goberno se poña a traballar xa no orzamento de 2021, que sexa “axeitado” e poida estar e vigor durante todo o ano natural.