7.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Pérez Abelenda:”O PSOE fixo un montón de propostas que van a axudar ós veciños e ás empresas”

O portavoz do Partido Socialista de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, recoñeceu que co goberno do PP liderado por Juan Carlos García “hai obras e servizos que se están a poñer en marcha» e que tamén se recolleron “un montón de propostas do PSOE que van a axudar ós veciños e ás empresas”.

Para Pérez Abelenda a nota negativa “é que falta información ou vén a contagotas”. Agarda que leven a cabo todas as propostas que achegaron ao goberno e que “se cumpran prazos e se aporte información”.

Escoita a entrevista con J.M. Pérez desde o minuto 77 deste audio

Abstención do PSOE

Sobre as críticas de Amancio Lavandeira pola abstención de PSOE e BNG, indicou que “a abstención foi porque o PSOE fixo propostas, e non podemos votar en contra dos veciños de Coristanco. Son obras que demandaban e son necesarias”.

Os socialistas agardan que o goberno se poña a traballar xa no orzamento de 2021, que sexa “axeitado” e poida estar e vigor durante todo o ano natural.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos