8.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 24, 2025

O BNG considera prioritario promover un plan de humanización do centro de Coristanco

O portavoz do BNG de Coristanco, José Antonio Andrade, demandou a posta en marcha dun plan de humanización da travesía e do centro de Coristanco xa que “ten que ser unha prioridade” para “conseguir que a xente pare e consuma”.

Sobre a xestión do goberno do PP recoñece que “hai certa vontade” e que se mellorou o entendemento nos plenos, pero hai “eivas”, por exemplo, que con motivo da pandemia “non houbera nin humildade nin valentía para recoñecer que a situación desbordounos a todos” e para contactar coa oposición co obxectivo de “adoptar medidas”.

Entrevista desde o minuto 32

Andrade pensa que hai que reforzar a asistencia domiciliaria, xa que hai un número escaso de traballadoras e “falta de estabilidade”. Tamén reclamou medidas no eido sanitario, educativo e de apoio ás empresas.

A abstención do BNG

Respondeu as críticas de Amancio Lavandeira pola abstención do Bloque nos orzamentos. Considera que non se poden “perder horas de debate nuns orzamentos que están executados nunhas ¾ partes”.

Para Andrade Figueiras o que “urxe” é traballar no orzamento do ano 2021, trazando “uns obxectivos claros”. A postura do BNG é “ir cara adiante” e non estar no pasado. Aconsella aos grupos que critican que “resolvan os problemas que teñen entre eles”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,140SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos