16.2 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Sandra Vilela empraza ao alcalde de Muxía a dialogar ou estarán “dispostos a asumir calquera opción”

Lémbralle que “o voto do PP é decisivo” e insiste en apelar ao diálogo

A portavoz do Partido Popular en Muxía volveu a tender a man  ao alcalde socialista de Muxía, Iago Toba:”Seguimos apelando ao diálogo”, se ben considera que o alcalde “non pode pensar que ten tres concelleiros e que os demáis fagan o que queiran” mentras continúa “nunha actitude de ataque continuado a todos”.

Vilela agarda que o rexeder demostre un novo talante no vindeiro pleno porque polo de agora non fixo máis que rexeitar as propostas do PP:”Espero ver a un alcalde do lado das necesidades de Muxía”.

Entrevista a Sandra Vilela a partir do minuto 28

Insiste na mensaxe:”Ten que darse conta de que ten tres concelleiros de 11 e que ten que dialogar coa oposición. E non lle queda máis remedio que falar co Partido Popular”·

Sandra Vilela advirte que hai outras posibilidades (a moción de censura é unha delas):”Se iso non se produce e non se defenden os intereses dos muxiáns, por simples caprichos, estamos dispostos a asumir calquera opción, que o teña claro todo o mundo. Pero o ideal sería entenderse”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos