6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Manuel Rodríguez Louro recibe unha homenaxe en forma de placa e de libro no Ézaro

Manuel Rodríguez Louro recibirá unha homenaxe no seu pobo natal, no Ézaro. “Marrolas” despois de estar agochado no Monte Pindo e fuxir nun barco, chegou a Inglaterra e acabou de novo en España loitando no exército republicano. Acabou sendo deportado ao campo de Mauthausen en xaneiro de 1941. Finou en setembro dese mesmo ano en Hartheim.

Actos en homenaxe a Rodríguez Louro

O domingo 13 de setembro, ás 11h no edificio Bitácora, terá lugar a presentación do libro “Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen”. Intervirá o autor, Francisco Fernández Naval e un sobriño do homenaxeado, Juan Carlos Rodríguez.

Ás 12, na Casa da Pedra, descubrirase unha placa de honra, nun acto que será presentado por Clara Bernal, e contará coa presenza do alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, da representante da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica(ARMH), Carmen García Rodejas, e familiares de “Marrolas”. Actuará Carmen Torreiro.

Entrevista a Carmen García (Desde o minuto 26)

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, Carmen García Rodejas, dixo que “os deportados galegos de Mauthausen son os grandes esquecidos, e faltaba por facer un traballo global”.

Pensa que é xusto facer este recoñecemento “despois de tantos anos” e salientou que “En Europa son considerados heroes, e aquí tamén o deben ser”.

Agarda un “acto moi emotivo” o que se desenvolverá o domingo e afirmou que o de Manuel Rodríguez Louro “foi un periplo increíble, todo o que lle pasou a este home é impresionante”.

Descatou que o escritor Francisco Fernández Naval “coñecía o caso profundamente e estudiouno con detalle”. Agora, este mariñeiro dumbriés terá unha placa de lembranza na súa localidade natal. E tamén a súa traxectoria quedará reflexada nun libro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos