10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Denuncian unha “agresión inxustificada” á Lagoa de Traba

A entidade ecoloxista ADEGA presentou unha denuncia na Xunta de Galicia por “unha agresión inxustificada” á lagoa de Traba, concello de Laxe.

“Maquinaria pesada abre unha gran canle na praia de Traba para desaugar a lagoa, causando unha importante alteración morfolóxica do areal, e sen atender ás consecuencias que esta drenaxe pode ter sobre a lagoa litoral nunha época de especial estrés hídrico” explican desde ADEGA.

Alertan dos “perxuízos” que pode ter esta actuación “sobre as dunas e a lagoa costeira, hábitats prioritarios para a UE, e nun espazo recoñecido como como zona de especial conservación (ZEC Costa da Morte) e zona de especial protección de aves (ZEPA Costa da Morte Norte)”.

A actuación foi desenvolvida polo concello de Laxe.

Fotos- ADEGA

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos