19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Xil Ríos e Belem Tajes estrean a nova tempada de Radio Xallas

Este martes Radio Xallas inicia a súa nova tempada radiofónica, liderada polo programa “Na Encrucillada” que se volve a emitir, de luns a venres, entre as 11 e as 13h tanto no 107.5 da FM como a través de www.santacomba.es

Seguindo a costume da anterior tempada, Adiante Galicia tamén difundirá en directo as emisións de “Na Encrucillada” desde o banner insertado na portada do noso xornal. Tamén podes escoitar Radio Xallas desde aquí.

Xil Ríos, corenta anos de “Xirarei” e outras cuestións

Este primeiro programa contará con dous convidados moi especiais e dous referentes da música galega.

Por un lado o veterano e popular Xil Ríos, coñecido por cancións como “Rapaciña Bonita” ou “Xirarei”(que este ano cumpre catro décadas”.Xosé Manuel Lema repasará co intérprete de Moaña a súa traxectoria, falará dos seus novos temas e de distintos asuntos.

Belem Tajes, artista con raices na Costa da Morte

E tamén intervirá no programa a artista Belem Tajes, que continúa coa súa carreira en solitario despois de pertencer a grupos como Luar na Lubre, e doutros proxectos como Vudú ou Sister in the House.Belém Tajes, compositoria e especialista en musicoterapia, ten raíces na Costa da Morte. É de Arou-Camariñas.

Xunto con estas entrevistas, nesta primeira cita de Na Encrucillada non faltará a información comarcal, axenda socio-cultural e a habitual selección musical. Se queres contactar co programa hai un Whatsapp habilitado 693287749.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos