10.9 C
Santa Comba
domingo, mayo 11, 2025

Once novos casos positivos por Covid-19 en Ponteceso

O concello de Ponteceso informou  de once novos casos positivos no concello. Concretamente 6 na Graña, 4 en Ponteceso e 1 en Pazos.

Con respecto á localidade da Graña indican que cinco deles nun mesmo domicilio “ e o outro estaba fóra do concello cando llo detectaron e pasa a corentena nun domicilio fóra da localidade”. No referente aos casos detectados na capital municipal, tres localízanse na Trabe e un en Ponteceso.

Ademais fontes municipais aclaran que non teñen constancia de cambios nos casos detectados con anterioridade en Corme e Cores.

Indican que hai “ unha persoa falecida, con múltiples doenzas, que tamén dou positivo por Covid-19. Fontes da familia aseguran que o coronavirus non foi a causa do óbito. As nosas sinceras condolencias para os familiares”   engaden nun comunicado de prensa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos